Por sorpresa, sen filtracións iniciais… así chegou hoxe Google Play, un novo servizo de Google para dominalos a todos, un xestor de contidos sincronizado entre os nosos dispositivos.
Google Play é o novo Android Market, a nova tenda de contidos onde poderemos atopar as aplicacións e a música, películas e libros (iso si, isto último cando chegue a España….). Mais non só é unha tenda, senón que permite ter os contidos sincronizados, de tal xeito que se comezamos a escoitar unha canción no smartphone e nos pasamos ao navegador web seguiremos escoitándoa desde o punto no que a deixamos, o mesmo para o lector de libros electrónicos ou para os filmes. E todo iso de xeito sinxelo, modo Google: sen cables.
O malo é que até o de agora nós só podemos disfrutar de Google Play no Android Market. Podedes botarlle un ollo en http://play.google.com
Máis info: https://play.google.com/about/
Vía