Probamos o Motorola ACTV, un dispositivo todoterreo para facer deporte #mwc12

Os que nos ledes desde hai tempo sabedes que o Motorola MOTO ACTV non é un dispositivo novidoso presentado no Mobile World Congress deste ano. Pero foi aló onde por pimeira vez puidemos achegarnos a este trebello para fedellar un pouco con el e ver en directo como funciona.

Par ilo, o stand de Motorola contaba cunha zona específica para facer deporte. Iso si, non permitían que calquera subira á cinta de correr ou á bicicleta e se puxese a pedalear (crede que o intentamos).

As súas funcionalidades, como podedes ver no seguinte vídeo que gravamos, son moi básicas. Dispón dunha pantalla de configuración, na que podemos calibrar diferentes sensores cos que o Moto ACTV é compatíbel (lector de pulsacións por exemplo), conexión Bluetooth para chamadas ou mensaxes…, ou o xeito no que se organiza a nosa música.

Nunha segunda pantalla podemos escoller o tipo de exercicio que queremos en facer nun determinado momento (bici, correr…); noutra podemos ver o reloxo que se nos amosará habitualmente xunto a outros aspectos como a distancia ou as calorías consumidas.

Finalmente, dispón dunha pantalla adicada totalmente ao reprodutor musical. Están dispoñíbeis dúas versións, unha de 8 e outra de 16 GB.

Este dispositivo, ademais da vantaxe de ser moi compacto, adáptase a entornos adversos, como podería ser un día de choiva, xa que é resistente á auga ou golpes. Ademais, compleméntase cunha ampla gama de accesorios que inclúen adaptadores de pulso, para manillares das bicis e tamén unha web na que poder visiualizar os resultados dun xeito máis cómodo.
A nós pareceunos que cun pouco de aposta comercial funcionaría de marabilla no noso mercado. Que vos parece a vós? Elixiríadelo de acompañante para as vosas horas de deporte?

Sobre o autor

Reply