Sony lanza o Xperia Sola, un gama media-alta con moitas posibilidades

Parece que a Sony sentoulle ben desfacerse do sufixo Ericsson na súa división de telefonía móbil e vén de presentar un novo terminal de gama media-alta que segue a liña dos que coñecemos no Mobile World Congress deste ano. Chámase Xperia Sola.
O Sola vén equipado cunha pantalla de 3,7 polgadas con tecnoloxía Mobile BRAVIA, pensada para unha visualización correcta en ambientes con todo tipo de iluminación. Outro punto forte deste terminal é sen dúbida o son: dispón de tecnoloxía xLoud e 3D surround que ofrece unha calidade e potencia diferencial.
O seu procesador é un dobre núcleo de 1 GHz. Conta con memoria interna de 8 GB (ampliábeis noutros 32 extra grazas ás microSD) e NFC. A cámara é de 5 megapíxeles e admite gravación en HD
Á hora de saír ao mercado contará con Android 2.3 Gingerbread, pero actualizarase a Ice Cream Sandwich en verán deste mesmo ano.

Que vos parece este terminal?

Sobre o autor

Reply