El País estrea aplicación para Android

El País non é moi amigo de falar ben de Android. Se cadra é por iso que malia a existencia de aplicación específica para iOS desde hai moito tempo, até o de agora non se plantexara lanzar a aplicación para Android. Seguramente o gran auxe dos smartphones co sistema operativo de Google e as ganas de non perder lectores leváronnos a reconsiderar a súa decisión.

A nova aplicación dispón dunha interface bastante simplista, o que facilita bastante as cousas ao buscar as novas. Así, temos 3 lapelas na parte superior que destacan as novas de portada, as seccións ou última hora.

Na parte de seccións poderemos escoller, dunha banda calquera das seccións que atopamos na edición web, incluíndo as locais (por exemplo Galicia…) e, ademais unhas específicas para fotos, vídeos ou viñetas. O bo é que podemos elixir a orde das seccións, situándoas máis arriba ou abaixo segundo as nosas preferencias.

Ademais dispón dunha opción que a nós pareceunos realmente interesante: permite descargar todo o contido publicado para que o poidamos consultar sen conexión a Internet, ideal se só temos o noso dispositivo con conexión WiFi ou se temos que coller un avión.
Engadir a favoritos para ler máis tarde ou compartir nas redes socias é tan doado como facer un clic.
El País é unha aplicación gratuíta que podemos descargar desde Google Play en todos os androides con versións 2.2 ou superior.

Sobre o autor

Reply