Teremos todas as funcionalidades de Google Play dispoñíbeis nun futuro próximo? #mwc12

Algo que nos molesta enormemente en Mallando no Android (e cremos que a calquera usuario de produtos de Google) é cando Google presenta una servizo interesante que só está dispoñíbel nun determinado país e logo demora o seu lanzamento no resto polos séculos dos séculos…
Se ben é certo que moitas veces a culpa non é da propia Google, senón de temas legais. Algo así é o que está a acontecer con Google Play Music, servizo no que andan en negociacións cos posuidores das licenzas para que poidamos disfrutar sen límites do servizo en Europa. E o mesmo acontece cos servizos de Google Play Movies e de Google Play Books.
Durante o Mobile World Congress tivemos ocasión de falar con algún responsábel do proxecto Google Music (daquela aínda non era Play) que nos asegurou que “non se tardaría moito” en expandir o proxecto a moitos países, entre eles España.
Sumado a isto, na páxina de Google Play atopámonos con esta declaración dos responsábeis da compañía:
Estamos traballando duro para levar os diferentes tipos de contido multimedia en Google Play a máis países, de xeito que máis de vós poidades desfrutar das ferramentas e ofertas que ofecemos. Hai moitos aspectos no lanzamento internacional dunha ferramenta coma esta que leva tempo conseguir e que sifnifican máis ca acender un interruptor. Anunciaremos máis dispoñibilidade para Books, Movies e Music a medida que cada un deles vaia saíndo, así que ficade atentos a esta páxina nos vindeiros meses.
 
Que opinades vós? Tardarán moito en chegar ditos servizos?

Sobre o autor

Reply