Samsung e HTC veñen de facer un movemento interesante: liberar o código fonte da actualización a Ice Cream Sandwich (Android 4.0) para varios dos seus terminais. Con iso facilítase o labor da comunidade desarrolladora, xa que os cociñeiros poden comezar a traballar en ROMs personalizadas.
Os terminais dos que se liberou o código son: Galaxy S II (Samsung), Sensation (HTC), Sensation XL (HTC) e Vivid (HTC).
Máis info:
O laBor
😉
Ola Anónimo,
graciñas polo aviso. Obviamente foi un lapsus ao escribilo, xa está corrixido.
😀
Dá gusto atopar tan bo talante, e tan bo traballo (… pero corrixe tamén o xénero… “O labor”).
Parabéns polo traballo. (Por favor, despois borra estes comentarios).
Ola de novo,
parece que esta entrada saiu cruzada jeje. No caso de “labor” o certo é que foi erro meu por descoñecemento: tiña interiorizado “A labor de…”, en feminino.
Sobre o tema de borrar comentarios non é necesario. Non temos problema en recoñecer publicamente os nosos erros, de feito parécenos interesante que o recoñecemento sexa público como un xesto de tranparencia. Así o quixemos recoller cando creamos os principios de Vencello, a rede de blogues da que formamos parte, que se poden consultar nesta ligazón http://www.vencello.com/p/principios.html
Unha vez máis, graciñas polo aviso e recomendación 🙂