Antes de liberar o noso terminal, debemos ser usuarior root, podedes seguir o manual que publicamos onte.
Unha vez que sodes root, o seguinte paso é instalar o Galaxy S2 SIM Unlock e abrilo para atopar unha ventá semellante a esta:
Clicades en “SIM unlock code” e agardades. Pode tardar algún tempo, aínda que no noso caso foi moi rápido. Despois aparecerá unha ventá na que poñerá o código que hai que copiar nun papel (no noso caso fixemos unha captura de pantalla, e mandámola ao ordenador :P).
Apagamos o terminal para volvelo acender cunha tarxeta SIM de diferente compañía, metemos o código PIN e apareceranos unha ventá na que poderemos meter o código que nos saíu. SE O CÓDIGO SAE INCORRECTO, NON O VOLVADES METER para, desta maneira, non convertir o Galaxy S2 nun bonito pisapapeis. De todas formas, aínda que a mensaxe que nos dea ao liberar sexa “Código incorrecto”, pode funcionar, así que reiniciádeo e probade se funciona. A nós deunos incorrecto, e funcionou perfectamente 🙂
O antivirus bloqueoume o DooMLoRD_v4_ROOT-zergRush-busybox-su por
_____
Muy pocos usuarios
Menos de 5 usuarios de la Comunidad Norton han usado este archivo.
____________________________
Alto
El riesgo de este archivo es alto.
____________________________
Detalles de amenaza
Tipo de amenaza: Virus. Programas que infectan otros programas, archivos o áreas de un equipo insertándose o adjuntándose a ese medio.
Por certo, este sistema serve para Galaxy S SCL GTI9003?
Ola Santi, en principio si que funcionaría. Pero se o fas, faino baixo a túa responsabilidade.
Un saúdo
Iago, o que non dou é rooteado meu SCL. Probei co SuperOne e colgase no step #7 e o UnlockRoot “Failed to get Shell root”.
Número de modelo: GT-I9003
Versión de firmware: 2.3.6
Versión Kernel 2.6.35.7-CL826671 root@DELL88#1
Número de compilación GINGERBREAD.BGKP7
Espero que sirva de axuda 😉
Graciñas Iago!
Por certo, de M o v i s t a r
Ola Santi, proba o método que che poña nesta páxina para rootear o teu modelo e nos contas
http://es.ready2root.com/
Apertas
Iago, vólveme levar ao Super One Click e non me funciona. O DooMLoRD’s Easy Rooting Toolkit pide demasiados arquivos “install SU files (binary: 3.0.3 and apk: 3.0.6)” cousa que me dá reparo…
Moitas grazas pola axuda prestada 😉