Libera o teu Samsung Galaxy S 2 para usar con calquera compañía

Antes de liberar o noso terminal, debemos ser usuarior root, podedes seguir o manual que publicamos onte.
Unha vez que sodes root, o seguinte paso é instalar o Galaxy S2 SIM Unlock e abrilo para atopar unha ventá semellante a esta:
Clicades en “SIM unlock code” e agardades. Pode tardar algún tempo, aínda que no noso caso foi moi rápido. Despois aparecerá unha ventá na que poñerá o código que hai que copiar nun papel (no noso caso fixemos unha captura de pantalla, e mandámola ao ordenador :P).
Apagamos o terminal para volvelo acender cunha tarxeta SIM de diferente compañía, metemos o código PIN e apareceranos unha ventá na que poderemos meter o código que nos saíu. SE O CÓDIGO SAE INCORRECTO, NON O VOLVADES METER para, desta maneira, non convertir o Galaxy S2 nun bonito pisapapeis. De todas formas, aínda que a mensaxe que nos dea ao liberar sexa “Código incorrecto”, pode funcionar, así que reiniciádeo e probade se funciona. A nós deunos incorrecto, e funcionou perfectamente 🙂

Sobre o autor

6 Comments

  1. Santi 15 Agosto, 2012 Responder
  2. Santi 16 Agosto, 2012 Responder
    • Santi 16 Agosto, 2012 Responder
  3. Santi 20 Agosto, 2012 Responder

Reply