Cando a vimos no Mobile World Congress quedámonos coa boca aberta. Porque vale, sumerxir unha tablet está ben. Pero é que se pode sumerxir acesa e segundo a sacamos seguila usando! Iso é o que podedes ver no vídeo anterior.
Se ben é certo, tivemos un pequeno problema ao gravalo. Ao sacala, parece que non funciona ben de todo. O problema non foi da tablet senón da nosa inexperiencia co dispositivo. Resulta que o único que tiñamos que ter feito era secar o noso dedo antes de usalo de novo na tablet. Erro de novatos que logo probamos off the record e efectivamente era certo.
Das súas características destaca que conta cunha pantalla de 10,1 polgadas, procesador de dobre núcleo a 1 GHz e 1 GB de RAM. Ademais ten 16 GB para almacenaxe interno, dobre cámara e todo tipo de conexións (mesmo 4G/LTE).
A vós que vos parece? Credes que é útil esta resistencia á auga?