Pode que nalgún momento vos teñades visto nalgunha situación na que tería sido interesante gravar unhas declaracións ou facer unha foto ou vídeo discretamente. Se é o caso, de seguro botaríades de menos unha aplicación como SpyTools.
SpyTools ofrécenos a posibilidade de gravar son ou de sacar fotos ou vídeo dacordo a un patrón de activación discreto, é dicir, sen ter que andar buscando entre as aplicacións. Este patrón podémolo elixir e pode ser desde un temporizador (que se active despois dun tempo determinado) a un evento como producir un son ou mover o teléfono.
Tede en conta que se trata dunha aplicación para usar con responsabilidade, é dicir, non está permitido gravar sen permiso á xente.
SpyTools está dispoñíbel de xeito gratuíto até acadar as 1000 descargas en Google Play.