Chega a R o Galaxy Y Pro, outro Android con teclado qwerty

Semella que cada vez é máis raro atopar un Android con teclado físico, sen embargo moitos usuarios prefiren este tipo de terminais, que sen lugar a dúbidas facilitan moito as cousas á hora de introducir texto. Vamos, que se somos heavy users do Whatsapp ou estamos a Twittear constantemente é para pensarse pasarse a un destes dispositivos.
A aposta de Samsung polos terminais con teclado físico pasa polo Galaxy Y Pro, un teléfono que coñecemos hai xa algún tempo pero que sen embargo está a pasar bastante desapercibido. A operadora galega R vén de incorporalo ao seu catálogo, vexamos algunha das súas características máis destacábeis:
Dispón de pantalla táctil de 2,6 polgadas e resolución de 320 x 240, que se complementan co teclado completo qwerty. A súa cámara é de 3 megapíxeles; neste caso non se inclúe unha cámara frontal para vídeochamada. A batería, de 1200 mAh, tendo en conta o tamaño da súa pantalla debera ser suficiente para aguantar 2 días (xustos). En canto a sistema operativo, conta con Android 2.3 (Gingerbread) non actualizábel a Ice Cream Sandwich.
No que ten a ver cos prezos, R pono á venda a partires de 0 € para consumos de 29 €/mes. Con consumos inferiores quedaría en 9 € (consumo de 19 €/mes), 69 € (consumo de 9 €/mes) ou 109 € (consumo de 9 €/mes e alta de número novo). Para quen o quixera mercar a través da operadora pero sen vencellalo a un contrato de permanencia, quedaría en 229 €.  A todos os prezos dos consumos hai que sumarlles o IVE.

Máis info

Sobre o autor

Reply