Mobile Accessibility, a solución para as persoas cegas que usan Android

Algo tan cotián como usar un smartphone ou tablet pode ser unha empresa difícil para persoas invidentes ou con pouca visión. Pero como todas e todos sabemos a tecnoloxía pode axudar nestes casos e empresas como CodeFactory están a facer importantes avanzos neste sentido.
Concretamente, CodeFactory ten no Google Play unha aplicación (ou suite de aplicacións) chamada Mobile Accessibility que fai uso da síntese de voz para axudar a estas persoas a levar a cabo varias accións. En concreto son 10 as funcionalidades que permite, vexamos cales son:
  • Función Teléfono: facer ou recibir chamadas, identificar ao chamante ou usar as funcións do rexistro de chamada.
  • Función Contactos: permite levar a cabo accións relacionadas coa axenda de contactos (incluíndo tamén as amizades de Facebook).
  • Función SMS: para ditar ou ler mensaxes sms.
  • Función Alarma: activar/desactivar/configurar alarmas.
  • Función Calendario: crear ou xestionar os eventos de calendario.
  • Función Gmail: empregar o correo electrónico.
  • Función Web: navegación por Internet asistida.
  • Función “Onde estou?”: uso do GPS para informar da posición actual.
  • Función Aplicacións: indícanos as aplicacións instaladas.
  • Función Axustes: é onde se cambia o ton de chamada, o modo (vibrador, silencio…) ou a configuración da lectora do texto.
Mobile Accessibility está dispoñíbel en versión de proba durante 30 días de xeito gratuíto. De seguir querendo usala hai que pagar 69 €. Se ben é certo que é un prezo elevado, a gran cantidade de funcións que permite e o traballo de enxeñaría que hai detrás o compensan.
Podedes descargala desde o Google Play.

Sobre o autor

Reply