Samsung anuncia que incorporá os idiomas "cooficiais" do Estado español aos seus terminais

Hai uns días nun blogue catalán publicouse un duro artigo contra Samsung España, titulado La culpa és de Madrid!. O motivo? A non inclusión de todas as linguas oficiais do Estado español (é dicir, do galego, catalán e éuskaro) nos seus terminais.
Os autores do artigo aseguraban que, tras a negativa de Samsung España de dar unha resposta clara sobre a non inclusión destas linguas nos gadgets do fabricante, decidiron contactar con Samsung Corea. Desde aló responderon que era cousa das delegacións locais decidir que idiomas se incluían ou deixaban de incluír, polo que a responsabilidade era 100% da filial española.
Ante o aluvión de críticas que lle chegaron ao fabricante coreano líder en ventas de terminais Android, onte anunciou a través dun tweet que estaban traballando para incluír todas as linguas do Estado español. 
Esperemos que cumplan coa súa palabra e que non tardemos en disfrutar do noso idioma nos dispositivos Samsung.

Sobre o autor

2 Comments

  1. Anonymous 30 Marzo, 2012 Responder

Reply