Sony anuncia retrasos nas actualizacións a ICS

Se algo non nos gusta anunciar son retrasos ou cancelacións. Hoxe tócalle a Sony, quen vén de comentar que a actualización de certos terminais da súa gama a Ice Cream Sandwich sufrirán retrasos.
Neste sentido, o Xperia S (a “xoia da coroa”) non recibirá a súa dose de xeado até o segundo cuatrimestre do ano. Pola súa banda, na gama do 2011, o Xperia Neo V e o Xperia Ray comezarán a actualizarse a mediados de abril, nun proceso que durará 6 semanas. 
O resto de terminais que recibirán ICS (Xperia Arc, Xperia Play, Xperia Neo, Xperia Mini, Xperia Mini Pro, Xperia Pro, Xperia Active e Sony Ericsson Live with Walkman) actualizaranse a finais de maio ou comezos de xuño.
Agardemos pois que as novas datas sinaladas sexan as definitivas.

Sobre o autor

Reply