Con Dropbox non se xoga (e un apunte sobre a política editorial de Mallando no Android)

Hai uns días a meirande parte dos blogues sobre Android de todo o mundo publicaron o truco para conseguir 23 GBs extra de espazo no Dropbox. Legalmente só se podían facer con eles aquelas persoas que adquiriran un HTC One, pois tratábase dun acordo entre HTC e Dropbox.
Varios lectores preguntáchedes por que non puxemos nada disto: a razón? As consecuencias. E é que Dropbox vén de anunciar que eliminará ese espazo aos usuarios que o conseguiron ilicitamente, ao igual que eliminou os 2 GB’s que se conseguían mediante o truco de Samsung Brasil.
A política editorial de Mallando no Android lévanos a:
  1. Non publicar por publicar. Vemos asiduamente entradas que falan de rumores pouco fundados, que nos recordan o feed the troll. Intentamos non caer niso. É certo que aś veces facémonos eco de rumores que logo resultan falsos, algo que corriximos inmediatamente, pero sempre con algunha base. Para cousas máis “imprecisas” usamos as redes sociais, non o blogue.
  2. Non facer/propoñer cousas ilícitas que poidan perxudicar aos nosos lectores: por exemplo, a de Dropbox. Porque non sabemos cales poden ser as consecuencias. Dentro do malo, que aos usuarios lles eliminen ese espazo non é grave, pero imaxinades que vos bloqueeen a conta e non poidades acceder aos vosos arquivos? Alguén leu as condicións de Dropbox a fondo e sabe se iso podería pasar?
Nese sentido, desde Mallando no Android preferimos ser prudentes. Grazas
Vía do de Dropbox

Sobre o autor

Reply