L3 á venta en España: un Android de iniciación económico

Algunha vez temos comentado o que consideramos un terminal de iniciación: trátase dun dispositivo pensado para xente que nunca tivo un smartphone e quere iniciarse no mundiño este, cubrindo unhas necesidades básicas e sen gastar moitos cartos.
Un exemplo destes terminais é o LG L3, un dispositivo que custa tan só 159 € se o mercamos libre e que sairá por 0 € se casamos con algunha operadora.
Dispón de 3,2 polgadas de pantalla, procesador de 800 MHz e cámara de 3 megapíxeles. A súa memoria interna é de 1 GB, aínda que só ten dispoñíbel 150 MB para aplicacións, sempre ampliábeis con microSD até en 32 GBs. 
Pero sen dúbida, a característica máis destacábel deste terminal é a súa batería, de 1500 mAh, que lle otorga máis autonomía do normal nun smartphone. Estará dispoñíbel en 4 cores (branco, negro, rosa e azul) e terá Gingerbread (Android 2.3) como versión de Android, non sendo actualizábel

Sobre o autor

Reply