O Xperia S chegará a semana que vén a Orange

O primeiro smartphone da nova era de Sony, o Xperia S, chegará a España da man da operadora Orange. Trátase dun terminal con pantalla “Reality Display” de 4,3 polgadas e tecnoloxías Mobile BRAVIA. A súa resolución é de 1280 x 720, mentres que o procesador, de dobre núcleo, é de 1,5 GHz. Inclúe ademais unha memoria interna de 32 GB.
Dispón de dobre cámara, a traseira de 12 megapíxeles con Fastest Capture, que permite obter bos resultados fotográficos en tan só 1,5 segundos (contados desde o modo reposo).
O pack no que se comercializa inclúe un cable HDMI, un protector de pantalla e un cargador ultrarrápido, grazas ao cal cunha carga de 10 minutos poderemos falar 1 hora.

En canto a prezos, dependendo de se é alta nova (AN), migración (M) ou portabilidade (P), quedaría como segue:

  • Tarifa Ardilla 15: 349 € (AN), 289 € (M), 289€ (P)
  • Tarifa Delfín 20: 349 € (AN), 239 € (M), 239 € (P)
  • Tarifa Delfín 30: 329 € (AN), 239 € (M), 199 € (P)
  • Tarifa Delfín 40: 329 € (AN), 239 € (M), 129 € (P)
  • Tarifa Delfín 59: 329 € (AN), 239 € (M), 29 € (P)
  • Tarifa Delfín 70: 329 € (AN), 239 € (M), 0 € (P)

Sobre o autor

Reply