Lenovo IdeaPad S2109, unha nova tablet con Ice Cream Sandwich

O fabricante Lenovo vén de amosarnos nun vídeo a súa nova tablet Android, un dispositivo que sae ao mercado portando Ice Cream Sandwich como sistema operativo.
Dispón dunha pantalla de 9,7 polgadas con resolución de 1024×768 e un grosor de 8,9 milímetros. No seu deseño sen aristas inclúense conectores de microUSB, microHDMI e ranura para ampliación de memoria por tarxetas microSD

O son parece que será un dos puntos fortes desta tablet, contando con 4 altofalantes e tecnoloxía de son SRS TrueMedia. Pola contra, non aposta polas cámaras, contando unicamente coa frontal de 1,3 megapíxeles.
Esperamos poder coñecer máis datos sobre esta nova tablet que a nós tennos boa pinta. Que opinades?

Sobre o autor

Reply