Seguramente nalgunha ocasión vos víchedes na situación de ter que pedir cita para o médico e non ter a man o número do centro de saúde ou un computador para acceder vía web á páxina de citas.
Agora poderemos levar a cabo accións de solicitude, consulta ou cancelación de citas no servizo de atención primaria do Sergas desde o noso smartphone, grazas a unha aplicación non oficial feita en Galiza, SergasApp.
Entre as opcións máis destacadas da aplicación está a non necesidade de andar metendo o número de tarxeta sanitaria de cada vez. Ademais, poderemos ter configuradas varias tarxetas (por exemplo, de todos os membros da familia) para unha mellor xestión das citas.
SergasApp é unha aplicacion gratuíta que podemos atopar en Google Play
Probeina e non funcionou.
O autor informa de que non é unha aplicación oficial e avisa de que agora non vai por causa de mudanzas na páxina oficial do SERGAS.
Olá Anónimo,
Graciñas pola información, moi útil para usuarios que cheguen aquí mirando por esta app 🙂
A entrada xa ten máis dun ano e chegados ao nível de publicacións que temos a día de hoxe, como podes imaxinar, resúltanos imposíbel levar control do que pasou con apps ou servizos que analizamos hai tempo.
Saúdos