Samsung Galaxy S III: gran espectación e caixas negras para operadores

Realmente existirá o Galaxy S III ou será todo unha invención? Un xa comeza a dubidalo… O certo é que o novo terminal de Samsung está a levantar moita espectación. Xa contabamos con el no Mobile World Congress, pero días antes do agardado evento decidiuse atrasalo até novo aviso, nun acto en solitario que se prevé para maio.
Non hai especificacións confirmadas, non se sabe nada máis ca un sen fin de rumores que van desde unha pantalla de 4,7 polgadas a carga inarámica, pasando por unha potentísima cámara de 12 megapíxeles. Malia todo, o futuro terminal de Samsung está a ser un éxito en reservas, con máis de 10 millóns antes de que se saiba nada del, algo que até o de agora só pasaba con Apple e o seu iPhone.
Para aumentar máis a espectación agora sábese que o ansiado terminal chegou ás oficinas de varios operadores de todo o mundo dentro dunhas caixas negras seladas que só deixan á vista a pantalla e as conexións, para que o poidan probar sen ter información sobre o deseño ou certas caracterísitcas que a Samsung lle interesa salvagardar.
Que vos parece esta estratexia de mercado de Samsung? Vós reservaríade un terminal sen saber as súas características?

Sobre o autor

Reply