Toshiba presenta a súa nova gama de tablets, cun dispositivo de 13,3 polgadas

Toshiba vén de anunciar a súa nova liña de tablets Excite, na que destaca un novo tamaño para este tipo de dispositivos: as 13,3 polgadas. E é que estamos acostumados a que o tamaño das pantallas das tablets estén na marxe 7-10, aínda que os fabricantes nunca nos deixan de sorprender (e bon é).
Pero alén da tablet de 13,3 polgadas, a gama Excite complétase con outras dúas, unha de 10,1 e outra de 7,7 polgadas.
A Excite 10 conta cunha pantalla de Gorilla Glass de 10,1 polgadas e resolución de 1280 x 800. Dispón de dobre cámara (5 MP a traseira, 2 MP a frontal), 1 GB de RAM e dispoñibilidade en varias opcións de memoria interna (16, 32 ou 64 GB).
A súa batería dá unha autonomía de 12 horas e, como era de agardar, vén con Ice Cream Sandwich. Poderase adquirir nun abano de prezos segundo o modelo que comeza en 449 $.
Doutra banda, a Excite 7,7 ten unha pantalla con tecnoloxía AMOLED. O resto de características internas son similares á Excite 10, agás no grosor (e no peso, obviamente). Agárdase que estea dispoñíbel no mes de xuño cun prezo de partida de 500 $ (debido á pantalla AMOLED).
Finalmente, a gran novidade, a Excite 13, conta cunha pantalla de 13,3 polgadas e resolución 1600 x 900 e tecnoloxía HD Plus, é dicir, cunha calidade máis semellante á que podemos atopar en certos computadores á das tablets.
Neste caso tamén se repiten as características técnicas da Excite 10, agás en que só haberá dúas versións (32 e 64 GB). A de 32 GB chegará no mes de xuño cun prezo de 629 $.

Sobre o autor

Reply