Sony acaba de anunciar que algún dos seus terminais comezan o proceso de actualización a Ice Cream Sandwich, concretamente os modelos Xperia Arc S, Xperia Neo V e Xperia Ray, aínda que nun primeiro momento os comercializados en Suecia, Dinamarca, Islandia, Finlandia e Noruega. Ao resto de países chegará en 4 ou 6 semanas.
Ademais, o Xperia Arc, Xperia Play, Xperia Neo, Xperia Mini, Xperia Mini Pro, Xperia Active, Xperia Pro e Sony Ericsson Live with Walkman terán a súa dose de xeado androide a partires do mes de maio.