Xa temos os prezos dos novos membros da familia Galaxy

Samsung vén de desvelar os prezos cos que poderemos adquirir os novos membros da súa familia de terminais Galaxy, concretamente as tablets Galaxy Tab 2 7.0, Galaxy Tab 2 10.1 e os reprodutores musicais Galaxy Player 3.6 e Galaxy Player 4.2.
A evolución da primeira tablet que lanzou Samsung, a Galaxy Tab 2 7.0, dispón dunha pantalla de sete polgadas con resolución de 1024 x 600 píxeles e procesador de 1 GHz. Terá un prezo de 249,99 dólares.
En canto á Galaxy Tab 2 10.1, temos un aparello con procesador de dobre núcleo a 1 GHz, memoria interna de 16 GB aos que podemos sumar 50 GB na nube grazas a un acordo Dropbox – Samsung. O seu prezo sería de 399,99 dólares.
Ambos terminais destacan por ter conectividade WiFi e móbil, sendo a móbil completa, é dicir, tamén con funcionalidade de teléfono.
En canto aos reprodutores, ambos dispoñen dun procesador de 1 GHz, 8 GB de memoria interna ampliábeis mediante microSD e dobre cámara, a principal de 2 MP e a frontal de tipo VGA. Contan con Gingerbread (2.3) e conectividade unicamente WiFi.
A única diferenza é que o tamaño da pantalla e o prezo. Así o Galaxy Player 3.6 terá un prezo de venda recomendado de 149,99 dólares e o Galaxy Player 4,2 199,99 dólares.
Quédanos por saber que prezos traerán a Europa, porque xa estamos acostumados a que as conversións sexan 1 $ = 1 €.

Sobre o autor

2 Comments

  1. VRASIAS DE HANTEVRASO 16 Abril, 2012 Responder

Reply

Deixa una resposta a VRASIAS DE HANTEVRASO Cancelar a resposta