A comezos de ano os fabricantes amosan as “xoias da coroa”, os terminais que serán buque insignia da marca para o exercicio correspondente. Sen embargo, co paso dos meses van aparecendo novos membros menos “especiais” pero que moitas veces acaban sendo máis populares polo seu baixo custo.
Un exemplo é o HTC Golf, o sucesor do Wildfire, un terminal de gama media pensado para vender en cantidades industriais.
Entre as especificacións filtradas até agora están a pantalla de 3,5 polgadas e 480 x 320 píxeles de resolución, 512 MB de RAM, 4 GB de memoria interna e o seu sistema operativo, Ice Cream Sandwich. Ademais dispón dunha cámara de 5 megapixeles na parte traseira e cámara dianteira de inferior calidade (seguramente será VGA).
Estará dispoñíbel no mercado a partires de xuño.