Samsung presentará o Galaxy S III o 3 de maio. Que esperades del?

Samsung é sen dúbida un dos fabricamentes máis destacado do panorama Android actual e, quizais, o único que pode facer sombra en solitario a Apple, no sentido de consolidar unha marca e mesmo comezar a crear ese fenómeno chamado “fanboys”.
Así, hai uns días comentabamos que hai máis de 10 millóns de reservas do novo terminal, o Galaxy S III, sen que haxa especificacións confirmadas. Agora polo menos temos unha confirmación: a data de presentación.
Tal e como anunciamos hai unha hora no noso Twitter, o evento de presentación do novo Galaxy será o 3 de maio nun Samsung Mobile Unpacked que terá lugar en Londres.
Que esperades vós deste ansiado terminal?

Sobre o autor

Reply