Xa dispoñíbel ICS para os Galaxy S II libres en Kies

Samsung vén de de confirmar a dispoñibilidade de Ice Cream Sandwich para os Galaxy S II libres, sumando así a posibilide de actualizar aos que se comercializan a través de Vodafone, para os que xa leva uns días dispoñíbel a nova versión de Android.
Polo de agora só se poderán actualizar a través de Kies, pero nos próximos días tamén se poderá descargar vía FOTA.
Os dispositivos de Movistar poderán ser actualizados “nos próximos días”, segundo confirmaba esta mesma mañá a operadora, quen aseguro que xa está homologada. De Orange aínda non se sabe nada.

[Actualización]: Samsung confirma a dispoñibildade tamén vía FOTA desde xa.

Sobre o autor

Reply