Se ben é certo que os que facemos uso de Twitter como ferramenta para estar informados seguimos as novas principalmente mediante o noso TL, os hashtags e pode que algunha lista, pero en ocasións tamén gustaríanos saber o que ocorre ao noso redor.
Streamd.in é unha aplicación que, baseándose na xeolocalización, danos un xeito distinto para seguir os tweets permitíndonos seguir as novas dos usuarios de Twitter que estean ao noso redor aínda que non pertenzan aos nosos contactos seguidos.
Entre as opcións desta aplicación podemos destacar que tamén se pode establecer búsquedas segundo a localización ou mediante uns filtros para restrinxir os tweets a amosar.
Se enlazamos a nosa conta de Twitter, este sinxelo cliente permítenos publicar tweets ou interactuar coa xente directamente desde a aplicación. Malia que a aplicación promete, aínda faltan cousas por implementar como por exemplo permitir a subida de fotos.
Streamd.in está adaptada tamén para tablets con HoneyComb e Ice Cream Sandwich e podes atopalo de xeito gratuito en Google Play para Android 1.6 ou superior.