Aplicacións de filtros fotográficos hai un carro delas, unha das que máis está dando que falar Instagram, que aterrou hai pouco en Android e, día despois, foi mercada por Facebook pola cantidade nada desprezábel de 1000 millóns de dólares.
Con nome semellante descubrimos Cinemagram, aínda que neste caso falamos dunha aplicación pensada para manipular vídeos, algo non tan habitual.
Basicamente esta aplicación permite gravar minivídeos nos que logo podemos escoller que partes queremos deixar animadas e cales en stand-by, conseguindo exemplos tan curiosos como os que vos ensinamos a continuación:
Ademais deses efectos tan chulos tamén se lle poden aplicar filtros para conseguir mellores resultados.
Nos próximos meses teremos novas deste produto na súa versión Android, xa confirmada. Mentres tanto, que opinades vós? Parécevos interesante a idea?