A poucos días da súa presentación oficial e despois de moitos rumores aaprece un vídeo no que aparece un novo terminal de Samsung na súa caixa negra para non descubrir o deseño. Non sabemos se se trata do Galaxy S III ou outro terminal do fabricante coreano. O que si, podemos dicir que se trata dun terminal de gama alta, polo que todo apunta a que podería ser este ansiado modelo.
As características principais que se confirman deste terminal son:
- Pantalla de 4,6 polgadas e resolución 1280 x 720 píxeles.
- Procesador Quad-Core a 1,4 GHz.
- Cámara princiapal de 8 megapíxeles.
- NFC
- Batería de 2050 mAh
- 16 GB de memoria interna
- Ranura para tarxetas microSD
- Micro SIM
Que vos parece a vós? É ou non é?