Plan B: cando perdes ou che rouban o teléfono HAI unha última solución

Hoxe imos falarvos dunha aplicación curiosa polo modo en que funciona e tremendamente útil, Plan B.
De seguro que algún ou algunha dos que ledes este blogue sufríchedes algunha vez o roubo ou a perda do voso móbil. É unha situación desagradábel, sobre todo porque somos conscientes de que un smartphone é un obxecto codiciado polos amigos do alleo.
Para eses momentos, cómpra saber da existencia de Plan B, unha aplicación que non temos que ter instalada. Como??? Efectivamente, NON temos que ter instalada, senón que a instalaremos en remoto no caso de ser necesaria. Vamos, que a secuencia de accións a levar a cabo sería a que segue:
  1. Róubannos / perdemos o smartphone.
  2. [Drama, bágoas, cagontal!, “@mallandroid que fago???” ou calquera outra reacción lóxica nesta situación :D]
  3. Entramos na versión web da Play Store cos nosos datos de Google e instalamos en remoto no noso terminal Plan B (para novatos, neste outro post falamos de como instalar aplicacións desde o Android Market, que agora se chama Play Store).
  4. Nese momento, Plan B comezará a buscar o noso smartphone e enviarnos correos electrónicos indicándonos a ubicación do mesmo.
  5. No caso de querer pedirlle novos intentos de localización, poderemos enviar un sms desde calquera móbil ao noso número coa palabra “Locate”.
Ás veces este plan falla no punto 4 e é preciso enviar a sms da que falamos no punto 5 para que comece a localizar o noso smartphone.
Hai que ter en conta que, se non temos activado o GPS a localización farase a través das antenas de telefonía móbil, que se usades outros servizos de localización xa saberedes que son bastante menos precisas.
Así que xa sabedes, non está todo perdido e sempre hai unha segunda oportunidade.

Sobre o autor

3 Comments

  1. ANA 23 Abril, 2012 Responder
    • ANA 23 Abril, 2012 Responder

Reply