Novo Galaxy poderase adquirir en Vodafone e app oficial para seguir o evento

Vodafone UK xa ten posto na súa web que o próximo Galaxy vaise poder mercar a través deles, o que apunta a unha máis que probábel exclusividade da operadora vermella, a lo menos temporal.
Con total seguridade podemos dicir que Vodafone ES tamén vai ter en catálogo o ansiado terminal de Samsung, pois até o de agora sempre que unha filial de Vodafone confirmou a dispoñibilidade dun terminal de gama alta acaba por chegar ao resto, co que esta operadora volveríase apuntar outro tanto na súa aposta por Android.

Ligado á presentación do novo Galaxy, Samsung vén de publicar unha aplicación na Play Store para seguir o evento, como xa fixo noutras ocasións.

Nela pódese acceder a información sobre os Unpacked (os eventos nos que Samsung presenta novidades), á información do lugar no que se celebrará a presentación do novo Galaxy, os vídeos relacionados co lanzamento, información para prensa e un apartado para poder seguir o evento en vivo.

A aplicación é gratuíta e pódese obter na Play Store

Sobre o autor

Reply