Orange lanza unha tablet de baixo prezo coa súa marca

De vez en cando as grandes operadoras poñen á venta terminais baixo a súa propia marca co fin de darlles un punto extra de exclusividade aos seus clientes. Máis agora, co auxe das tablets, tamén se están apuntando a esta moda.


A primeira en facelo foi Vodafone, pero agora Orange presenta a súa Orange Tahití unha tablet de 7 polgadas que está dispoñíbel nun rango de prezos que vai desde os 69 € coa tarifa Internet Everywhere 39 até os 329 €, que é o que custa sen subvención.
Cun peso de 390 gramos, a Orange Tahití dispón dun procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz, 8 GB de almacenaxe interno, 1 GB de RAM, dobre cámara (5 e 1,2 MP).
Como sistema operativo trae Android 3.2, Honeycomb.

Sobre o autor

Reply