Se estás pensando en facerte cunha boa tablet e a un prezo interesante seguramente debera botar un ollo aos produtos de Asus. Este fabricante vén de anunciar o lanzamento comercial dun dos dispositivos presentados durante o Mobile World Congress deste ano, o Transformer Pad, para o vindeiro mes de xuño.
O Transformer Pad ten un grosor de 9,9 mm e pesa 635 gramos. O seu procesador, un Tegra 3 de catro núcleos, permitirá sacarlle partido obtendo moi bo rendemento en condicións extremas.
Incorpora tecnoloxía de son SonicMaster, creada especificamente para os dispositivos de Asus, que combina software e hardware para obter uns bos resultados de audio. No que ten a ver coa pantalla, esta é de 10,1 polgadas e permite un ángulo de visión de 178º. Conta con dobre cámara, traseira de 8 MP, con posibilidade de gravación en fullHD e frontal de 1,2 MP
Como é habitual nesta marca, este Transformer é compatíbel cun dock que lle otorga máis batería, pero sobre todo ofrece un teclado que convirte a tablet nunha especie de netbook. Ademais haberá toda unha gama de accesorios entre as que se atopan fundas, cables e adaptadores externos para mellorar as capacidades dun dispositivo moi interesante
Desde a súa saída contará con Ice Cream Sandwich, a última versión dispoñíbel de Android. En canto a prezos, a versión de 32 GB estará dispoñíbel por 399 € (sen dock) ou 499 € (con dock).