Poderíamos dicir que foi un non-nado, un prototipo que non chegaría a ser máis ca iso, unha idea do que podería ter sido o primeiro Google Phone como tal.
Corría o ano 2006 e daquela falar de smartphones era falar en futuro. Pero en Google xa estaban a maquinar nun terminal con procesador de 200 MHz, 64 MB de RAM, cámara de 2 megapíxeles, slot para miniSD e conectividade WiFI e 3G, un dispositivo cuxas características técnicas son hoxe de risa pero que para aquel entón eran realmente interesantes.
A razón pola que estes deseños ven a luz agora, 6 anos máis tarde, ten que ver co xuízo que manteñen Oracle e Google polo caso Java. Que vos parece este modelo? Parécevos ás Blackberry’s que temos hoxe en día?