Rumores, rumores: HTC fabricará un novo FB phone? Samsung o seguinte Nexus?

Esta semana comezamos con algo potente, o teaser do evento no que Samsung lanzará o novo Galaxy e no que se rumorea que puidera lanzar o seu propio servizo de almacenamento na nube, algo que parece estar moi de moda ultimamente.
Non imos comentar nada dos rumores sobre as súas especificacións, porque entraríamos nun bucle no que poderíamos estar horas. Pero si que queremos pararnos nos outros dous grandes rumores da semana: o novo Nexus e o novo Facebook phone.
Como sabedes, hai cousa dun ano e pico falábase moito de que Facebook estaba para sacar un smartphone pensando na súa rede social. Todo quedou nun compromiso de HTC e a gran Rede Social de sacar uns terminais con acceso directo a Facebook e con outras funcionalidades pensadas para unha integración maior da rede social coas diferentes accións que se poden levar a cabo co terminal.
Pois a rumoroloxía desta semana apunta a un novo traballo conxunto de ambas compañías, que estarían facendo “algo grande”, cun nível de integración moito maior de todas as opcións que permite Facebook.
E como non, o novo Nexus tamén é motivo de rumor, pois xa vai máis de medio ano desde o lanzamento do Galaxy Nexus… e claro, hai ganas. Pois segundo din Samsung volvería ser a elixida polo seu acceso ás pezas clave da fabricación de terminais e por ser a única marca que, en solitario, fai sombra ao principal competidor de Android, Apple.

Pero como vos dicimos isto son rumores, que poden ser reais ou non… que opinades?

Sobre o autor

Reply