LG súbese á nube ofrecendo 50 GB aos usuarios dos seus smartphones

Levamos unha boa tempada falando da nube, mesmo a semana pasada falamos do lanzamento de Google Drive.
Hoxe toca falar de LG Cloud, un novo servizo que o fabricante ofrecerá gratuitamente aos clientes de smartphones de LG. Inicialmente os usuarios terán dispoñíbeis 50 GB, que se reducirán a 5 GB despois de 6 meses de uso, aínda que se poderá pagar para mantelos.
A idea é poder compartir todo tipo de arquivos entre o noso smartphone, SmartTV e tamén computador de sobremesa. Até o de agora só está dispoñíbel en USA e Corea, e entrará na fase beta (probabelmente global) mañá.
Os non usuarios de LG tamén poderán empregar LG Cloud, aínda que neste caso estará limitado a 2 GB gratuítos.
Máis info

Sobre o autor

Reply