A presentación deste terminal tivo lugar en Londres, un emplazamento non escollido por casualidade. E é que Samsung é un dos maiores patrocinadores dos Xogos Olímpicos e o seu novo terminal o “smartphone oficial” do agardado evento deportivo.
Deseño
Hai un cambio no deseño, apostando polas liñas redondeadas, de xeito similar ao último Google Phone, o Galaxy Nexus fabricado tamén por Samsung. Auméntase o grosor un chisco, chegando aos 8,6 mm (practicamente inapreciábel) respecto ao seu predecesor, o Galaxy S II, e tamén o peso (133 gramos), algo lóxico tendo en conta que se aumenta considerabelmente a pantalla.
Pouco novo en hardware
As características técnicas do novo terminal de Samsung non son para deixarnos abraiados. Non queremos dicir con isto que non sexa un supersmartphone, que o é, pero non atopamos nada tremendamente novidoso sobre outros dispositivos xa dispoñíbeis no mercado, mesmo da mesma Samsung.
O máis relevante é sen dúbida o seu procesador, de catro núcleos e a 1,4 GHz, como xa vos adiantamos hai uns días. Polo demais ten unha enorme pantalla de 4,8 polgadas (maior ca do Galaxy Nexus, de 4,65) e tecnoloxía Super AMOLED (1280 x 720).
Combina 2 cámaras, a traseira de 8 megapíxeles e a frontal de 1,9. Destaca a rapidez con que é capaz de poñerse en funcionamento (en menos de 1 segundo desde o modo pasivo) e a inmediatez do enfoque-disparo. Grava vídeo en HD a 1080 e permite tomar fotos á vez que se está a gravar vídeo, algo semellante ao que vimos no HTC One.
Ademais dos sensores habituais conta con NFC, un chip que cada vez está presente en máis e máis smartphones. En canto a almacenaxe interna, haberá versións de 16, 32 e 64 GB, ampliábeis mediante microSD noutros 64 GB adicionais. A batería é de 2100 mAh, bastante máis ca do Galaxy Nexus (1750 mAh) e menos ca o Galaxy Note (2500 mAh), por comparar con outros dispositivos do mesmo fabricante.
A gran novidade: o software
- S-Voice. A mellor forma de definilo, cun exemplo: o “Siri” de Samsung, pero mellorado. Trátase dun sistema de recoñecemento de voz, polo cal se pode falar co terminal e interactuar para levar a cabo moitas opcións, como saber do tempo, escribir mensaxes e correos, étc. O mellor de todo é que desde o comezo está dispoñíbel en 8 idiomas, entre eles o español.
- S-Health: permite ter control de certos aspectos relacionados co control da saúde
- S-Beam: é unha evolución do xa coñecido Android Beam que implementa ICS, para dar aínda máis funcionalidade ao NFC cun sistema de multiconexión NFC-WiFi Direct para facer transferencias máis rápidas
- Smart Stay: trátase dunha tecnoloxía que sabe se estamos a mirar ou non a pantalla, apagándoa en caso negativo para aforrar batería.
- Autotagging de fotos: sacar unha foto e que automaticamente recoñeza quen dos nosos amigos sae nela, sen ter que dicirllo. Iso facilita as cousas á hora de compartir fotos nas redes sociais.
Es España, Vodafone foi a primeira operadora en confirmar a súa dispoñibilidade, abrindo ademais unha páxina de prerrexistro.
Estoy planteándome vender mi culo en el puerto, para comprármelo jajajajajajaja
En canto a desenho, paréceme rompedor. Moi bonito e diferente do que facía Samsung. Un 10.
En parte soft non vexo novidades interesantes máis aló do asistente e a parte fotográfica.
En canto a tamanho..xa está o Note, que incluso pode que a xente o tenha en conta pola diferenza de prezo con este. Por outra banda, se sacan un Note II, aumentarán a pantalla? Ata donde chegarán?
Esperaba unha mellora en baterías, tipo nova tecnoloxía ou software de rendemento. Samsung podería marcar o caminho a seguir polo resto de compañías. Mala sorte.
Un saúdo!
Boas a ambos.
Respondendo:
– Anónimo 1: Pode ser unha boa forma de conseguir os cartos rapidamente. Se o levas adiante xa nos contarás como che foi, que igual lle interesa o tema a máis xente 😛
– Anónimo 2: Xa existe esa “Note II” á que te refires. Ten 10.1 polgadas e vímola no #mwc12. Nesta entrada podes saber máis dela: http://www.mallandonoandroid.com/2012/02/un-telefono-con-picoproxector-e-note.html
Saúdos!