Hai unha serie de operadores que teñen máis predisposición a comercializar os dispositivos Android, como é o caso dos norteamericanos AT&T, Sprint e T-mobile. En Europa, e nomeadamente no Estado español, Vodafone lévase a palma, contando coa maior gama de terminais Android e sendo o socio fundamental de Google e fabricantes á hora de lanzar os terminais máis punteiros.
Seguramente por iso tamén sexa o único operador que no noso país chegou a un acordo con Google que permite pagar as aplicacións que se merquen a través da Play Store (antigo Android Market) directamente na factura de telefonía.
O certo é que esta nova fórmula de pagamento é interesante para aqueles usuarios que non queren que Google almacene máis datos sobre eles, como sería o número de tarxeta de débito/crédito.
Vós que preferides, pagarlle directamente a Google ou a través da operadora?
De pouca axuda é evitar que G se faga cos datos de ún, se a cambio hai que darlle diñeiro aos de robafone. Desque tardaron 6 meses en actualizarme o Nexus a gingerbread teño decidido que os vou abandoar en canto remate a permanencia.