O LG Optimus L7 chega a Orange neste mes de maio

Seguen chegando ao mercado os móbiles que descubrimos durante o Mobile World Congress deste ano. Concretamente hoxe toca anunciar a dispoñibilidade do L7 de LG, un terminal que chega a Orange en exclusiva durante este mes de maio.
Trátase dun terminal de gama media-alta con pantalla de 4,2 polgadas e tecnoloxía Black (que permite unha visión practicamente perfecta en condicións de moita luz, nomeadamente en exteriores) e que conta coa última versión de Android, Ice Cream Sandwich. O seu procesador é de 1 GHz e fabricado por Qualcomm.
A súa cámara principal é de 5 megapíxeles con autoenfoque rápido (6 décimas de segundo) e frontal de tipo VGA. A batería é de 1700 mAh. En canto a almacenaxe interna dispón de 4 GB de almacenamento e 512 MB de RAM. Adeamis conta con ranura microSD para tarxetas de até 32 GB.En canto a prezos atoparémolo na operadora laranxa desde 29 € coa tarifa Delfín (40 €/mes). Nun primeiro momento comercializarase a versión en negro, pero a partir de xuño tamén estará dispoñíbel en branco

Sobre o autor

Reply