O primeiro "Google Phone" é real: fotos do prototipo co que se orixinou Android

O pasado día 30 amosámosvos unhas imaxes de como era o Android no que Google traballaba en 2007, vencellado a un primeiro prototipo de terminal con teclado físico que non chegaría a nacer… ben, pois agora sabemos que si que se chegou a construír e que tiña esta pinta:
Dito terminal, o que sería a orixe do primeiro Google Phone, non se chegou a comercializar, pero si que se construíu como prototipo. Coñecémolo agora, cinco anos despois, grazas a Steve Troughton-Smith, un desarrollador que vén de publicar no seu blogue unha completa análise do mesmo.
A construción do mesmo correu a cargo de HTC, que dotou ao terminal dunha pantalla de 320 x 240 píxeles e que non era táctil como ás que nos ten acostumados Android na actualidade. Tiña unha cámara de 1,3 megapíxeles, 64 MB de RAM, porto miniUSB e ranura para unha tarxeta microSD.
As capturas das aplicacións lémbrannos totalmente ás imaxes que publicamos o outro día, aínda que desta vez son de boa calidade, polo que vos recomendamos que pasedes pola review para ver todas as imaxes.
Como nos gustaría a nós ter a oportunidade de probar este terminal para facer unha review para o blogue!

Sobre o autor

Reply