As Galaxy Note libres comezan a actualizarse a Ice Cream Sandwich

En xeral a actualización a Ice Cream Sandwich por parte dos fabricantes dos dispositivos compatíbeis con esta versión está a ser lenta. Neste sentido Samsung é dos fabricantes que máis están tardando en  liberar as ansiadas actualizacións á versión do xeado.
Hoxe podemos dar a boa nova de un dos seus dispositivos, a Galaxy Note, o famoso “tabletphone”, está comezando a recibir as actualizacións. Polo de agora só está chegando aos dispositivos que se comercializan libres (os non-libres asociados a algunha gran operadora actualizaranse algo máis tarde), comezando por Alemania, pero extendéndose rapidamente ao resto de rexións.
Entre as novidades que incorpora ICS para a Galaxy Note está toda unha gama de aplicacións pensadas para sacarlle aínda máis partido ao stylus que caracteriza a este dispositivo e que Samsung recolle na chamada Premium Suite.
A actualización realízase mediante OTA.

Sobre o autor

Reply