Silken i-Joy, unha tablet ICS por 199 €

Cando pensamos en tablets a nosa cabeza adoita irse a prezos elevados, pero esta visión do mundo deberíamos mudala. E é que ás veces atopamos boas alternativas a prezos inferiores, que aínda que non teñan as características técnicas das tablets máis punteiras son máis ca suficientes para a meirande parte dos usuarios.
Hoxe queremos falarvos da Silken i-Joy, unha tablet de pantalla de 9,7 polgadas, resolución de 1024 x 768 e un ángulo de visión de 178º. O seu procesador é de 1,2 GHz e dispón de 1 GB de RAM e 8 GB para almacenaxe internos ampliábeis, como na meirande parte de dispositivos Android, a través de microSD noutros 32 GB.
Dispón de dobre cámara, traseira de 2 MP e frontal de 1,3 MP e conexións miniUSB (2) e miniHDMI. A súa conectividade é WiFi, aínda que cun adaptador USB pode dispoñer de cobertura 3G. A batería é de 8000 mAh.
Pero se cadra o máis interesante é que ten Ice Cream Sandwich (4.0.3), así como tamén o seu prezo, xa que só custa 199 €.

Sobre o autor

Reply