Plebbe, moito máis ca un reloxo de pulso

Como xa temos comentado moitas veces no blogue, un dos aspectos que fai especial a Android é que non se limita a ser un sistema operativo para smartphones, tablets ou aparellos de televisión, senón que é aplicábel a moitísimas cousas, como electrodomésticos ou algo de maior uso diario: reloxos de pulso.
Neste sentido hoxe queremos falarvos de Plebbe, un dispositivo que xurde de maneira especial, a través da iniciativa de máis de 70.000 persoas que apoiaron economicamente o proxecto para que fose adiante.
Está pensado para funcionar vencellado a un smartphone a través da conexión Bluetooth e é compatíbel con Android e iOS. Grazas a esta conexión a través de Plebbe poderemos estar informados de correos, mensaxes ou actualizacións de redes sociais (Twitter, Facebook…) que nos cheguen.
Pero ademais pode ser o complemento perfecto para facer deporte ou controlar a música que escoitamos no noso móbil, xa que ao estar vencellado pode procesar a información do GPS para informarnos do tempo e distancia percorrido ou para controlar a reprodución de música.
O seu SDK vai ser liberado en breve, permitindo á comunidade desarrolladora facer aplcacións específicas para Plebbe. Actualmente xa funciona Twine, que permite programar accións, por exemplo, que cando toquen ao timbre da casa nos avise no Plebbe. Soa ben, non?
En canto ás súas especificacións técnicas, dispón dunha pantalla de 144 x 168 píxeles, Bluetooth 2.1 + EDR, acelerómetro, vibrador e 4 botóns para o seu manexo.
No que ten a ver coa súa dispoñibilidade, xa está á venda, aínda que agotado. Malia todo o seu prezo está arredor do 150 $.

Sobre o autor

Reply