S-Voice, o asistente parlante de Samsung dispoñíbel para todos os Android ICS

[Actualización]: Samsung vén de bloquear o acceso a S-Voice a todos os dispositivos que non sexan o propio Galaxy S III.

– Ola Galaxy.
– …

Así podes comezar a falar co teu terminal Android grazas, unha vez máis, á comunidade Android, que vén de publicar o ficheiro apk de S-Voice, o asistente por voz que Samsung presentou co seu Galaxy S III.
Para comezar a disfrutar deste asistente tes que descargar o ficheiro de aplicación (dispoñíbel aquí) e instalalo dalgún destes xeitos:
  • Se tes un terminal Samsung con Ice Cream Sandwich tes que ser root e mudar a aplicación de recoñecemento por voz actual polo ficheiro que vos pasamos.
  • Se tes outro terminal Android con Ice Cream Sandwich (neste sentido os Nexus S e Galaxy Nexus considéranse terminai non-Samsung) chegará con instalar a aplicación.

Sobre o autor

Reply