*Nota inicial: todos os prezos de terminal, libre ou con operadora, inclúen IVE. Non así os das tarifas.
Sempre que sae un smartphone de gama alta e comentamos o prezo libre os comentarios que nos adoitan chegar son do tipo “buff, que caro, non?“. Co gallo do lanzamento do Galaxy S III, un dos smartphones máis agardados deste ano, quixemos facervos unha comparación para que fagades números e pensedes se realmente vos compensa mercalo libre ou a través dalgunha das operadoras que “o regalan”.
Debemos ter en conta que o usuario medio dun smartphone das características do Samsung Galaxy S III vai consumir entre 300 e 500 MB mensuais de datos, factor determinante se se elixe unha das tarifas planas máis económicas das grandes operadoras (Orange, Vodafone…), que adoitan contar con 200 ou menos megas, cantidade ridícula para un uso decente dun supersmartphone.
- Pepephone (Ratoncito y Elefante: 651 MB de datos (cóbrase o exceso) e chamadas a 1,9 cént/min por 6,90 €/mes) + móbil libre. Sairíanos en 609 + (18 x 6,90) = 733,20 €.
- R (tarifa mini+internet, sen móbil: 500 MB (non se cobra o exceso) e chamadas a 4 cént/min por 7,20 €/mes) + móbil libre. Quedaría en 609 + (18 x 7,20) = 738,60 €.
- 90 € con tarifa Delfín 79 (79 €/mes) [1000 MB de datos] Total: 90 € + (79 x 18) = 1512 €
- 220 € con tarifa Delfín 59 (59 €/mes) [750 MB de datos] Total: 220 € + (59 x 18) = 1282 €
- 350 € con tarifa Delfín 40 (40 €/mes) [500 MB de datos] Total: 350 € + (40 x 18) = 1070 €
- 400 € con tarifa Delfín 30 (30 €/mes) [300 MB de datos] Total: 400 € + (30 x 18) = 940 €
- 470 € con tarifa Delfín 20 (20 €/mes) [200 MB de datos] Total: 470 € + (20 x 18) = 830 €
- 0 € con tarifa @XL (80 €/mes) [1000 MB de datos] Total: 0 € + (80 x 24) = 1920 €
- 229 € con tarifa @L (60 €/mes) [750 MB de datos] Total: 229 € + (60 x 24) = 1669 €
- 359 € con tarifa @M (40 €/mes) [500 MB de datos] Total: 359 € + (40 x 24) = 1319 €
- 409 € con tarifa @S (32 €/mes) [300 MB de datos] Total: 409 € + (32 x 24) = 1177 €
- 479 € con tarifa @XS (20 €/mes) [150 MB de datos] Total: 479 € + (20 x 24) = 959€
- 499 € con tarifa @XS8 (15 €/mes) [100 MB de datos] Total: 499 € + (15 x 24) = 859 €
Eu acabo de pedir unha portabilidade en Phone House na web, precio do Galaxy S3 por 29€ + 20 euros o mes de financiación (sen intereses) durante os 18 meses de permanencia e cun consumo mínimo de 6 euros. Además en cor branco.
Tamén se está a levar a cabo unha compra conxunta en SpainMoviles (facebook) que deixa o modelo azul libre por 529€ 😉
¿Non está nada mal, non?