Prezos do Galaxy S III: libre + OMV (Pepephone e #mobilR), Vodafone e Orange

*Nota inicial: todos os prezos de terminal, libre ou con operadora, inclúen IVE. Non así os das tarifas.

Sempre que sae un smartphone de gama alta e comentamos o prezo libre os comentarios que nos adoitan chegar son do tipo “buff, que caro, non?“. Co gallo do lanzamento do Galaxy S III, un dos smartphones máis agardados deste ano, quixemos facervos unha comparación para que fagades números e pensedes se realmente vos compensa mercalo libre ou a través dalgunha das operadoras que “o regalan”.

Baseámonos no modelo de 16 GB, que está dispoñíbel libre en diversas tendas a prezo variábel. Aquí vos poñemos 3 exemplos das máis relevantes (que non únicas, por suposto).
  • The Phone House: 609 €
  • Expansys: 642,36 €
  • FNAC: 659 €
Noutros sitios menos coñecidos pódese adquirir incluso por 599 €.
Pepephone, R ou outros OMVs


Debemos ter en conta que o usuario medio dun smartphone das características do Samsung Galaxy S III vai consumir entre 300 e 500 MB mensuais de datos, factor determinante se se elixe unha das tarifas planas máis económicas das grandes operadoras (Orange, Vodafone…), que adoitan contar con 200 ou menos megas, cantidade ridícula para un uso decente dun supersmartphone.
Polo tanto, debemos pensar se imos ter un smarphone para falar e disfrutar dos tropecentos minutos ou se nos compensa ter un prezo por minuto reducido e máis cantidade de datos (ou unha tarifa plana con máis datos ca minutos). Se é así, claramente a opción debe ser un OMV como R, Pepephone, Simyo…
Por poñer algún exemplo, se queremos ter minutos a prezo moi reducido e unha boa cantidade de datos podemos escoller algunha destas tarifas (calculamos 18 meses na tarifa porque é a permanencia mínima que piden outros operadores).
  • Pepephone (Ratoncito y Elefante: 651 MB de datos (cóbrase o exceso) e chamadas a 1,9 cént/min por 6,90 €/mes) + móbil libre. Sairíanos en 609 + (18 x 6,90) = 733,20 €. 
  • R (tarifa mini+internet, sen móbil: 500 MB (non se cobra o exceso) e chamadas a 4 cént/min por 7,20 €/mes) + móbil libre. Quedaría en 609 + (18 x 7,20) = 738,60 €.
En ambos casos, habería que sumarlle o que falásemos.
Ademais, R é dos poucos operadores que ofrece tamén tarifas planas que inclúen voz e datos desde 15,20 €/mes (ao collelas sen móbil). Son interesantes porque, como mínimo, teñen 500 MB de datos (non se cobra o exceso). Cunha destas tarifas planas sairíanos en 609 + (18 x 19) = 951 €.
Que pasa se queremos facernos co Samsung Galaxy S III a través dunha operadora que o subvencionan? Pois neste caso teríamos estas opcións:

Orange
Con Orange poderemos ter o Galaxy S III nun abano de prezos que comeza nos 90 € e remata nos 470 €. Ademais, cómpre engadir que coller o terminal con Orange implica asinar unha permanencia na compañía de 2 anos, 18 meses na tarifa indicada.
A táboa de prezos quedaría como vemos a continuación (destacamos unicamente os megas incluídos nas tarifas, que tamén contan con minutos):
  • 90 € con tarifa Delfín 79 (79 €/mes) [1000 MB de datos] Total: 90 € + (79 x 18) = 1512 €
  • 220 € con tarifa Delfín 59 (59 €/mes) [750 MB de datos] Total: 220 € + (59 x 18) = 1282 €
  • 350 € con tarifa Delfín 40 (40 €/mes) [500 MB de datos] Total: 350 € + (40 x 18) = 1070 €
  • 400 € con tarifa Delfín 30 (30 €/mes) [300 MB de datos] Total: 400 € + (30 x 18) = 940 €
  • 470 € con tarifa Delfín 20 (20 €/mes) [200 MB de datos] Total: 470 € + (20 x 18) = 830 €
Vodafone
Se eliximos Vodafone, veremos que podemos facernos co Galaxy S III desde 0 a 499 €, dependendo da tarifa. Todas elas levan unha permanencia de 24 meses.
Ao igual ca antes, destácase unicamente o número de megas que inclúe cada tarifa.
  • 0 € con tarifa @XL (80 €/mes) [1000 MB de datos] Total: 0 € + (80 x 24) = 1920 €
  • 229 € con tarifa @L (60 €/mes) [750 MB de datos] Total: 229 € + (60 x 24) = 1669 €
  • 359 € con tarifa @M (40 €/mes) [500 MB de datos] Total: 359 € + (40 x 24) = 1319 €
  • 409 € con tarifa @S (32 €/mes) [300 MB de datos] Total: 409 € + (32 x 24) = 1177 €
  • 479 € con tarifa @XS (20 €/mes) [150 MB de datos] Total: 479 € + (20 x 24) = 959€
  • 499 € con tarifa @XS8 (15 €/mes) [100 MB de datos] Total: 499 € + (15 x 24) = 859 €
Como vedes, desde os 733,20 € do prezo teléfono + tarifa de datos durante 18 meses da opción máis económica aos 1920 € da opción máis cara hai unha gran diferenza. Agora cómpre que vós fagades números e vexades o que realmente vos compensa.

Sobre o autor

One Response

  1. Jonathan Balay 28 Maio, 2012 Responder

Reply

Deixa una resposta a Jonathan Balay Cancelar a resposta