Como establecer un PIN para mercar na Play Store

Como sabedes, non todas as aplicacións que hai na Play Store son de balde, polo que podemos realizar moitísimas cousas co noso smartphone sen ter gastado un céntimo. Malia todo tampouco debemos ser uns ratas e se atopamos aplicacións que nos gustan deberíamos mercalas, sobre todo porque adoitan ter prezos accesíbeis e as funcionalidades que nos otorgan as versións de pagamento adoitan compensar.
A primeira vez que facemos unha compra na Play Store temos que configurar un medio de pagamento, como unha tarxeta de débito/crédito. A partires de aí Google lembrará os nosos datos e a seguinte vez que merquemos unha aplicación non teremos que facer nada máis que aceptar.
Isto pode ser algo perigoso, porque imaxinade que lle deixades o móbil a calquera e comeza a mercar aplicacións sen ton nin son… Por iso é recomendabel dotar á Play Store dun código PIN que debemos introducir á hora de confirmar as compras.
Para ilo debemos entrar na Play Store, pulsar a tecla de menú e activar/desactivar o PIN, así de sinxelo.

Sobre o autor

Reply