O portfolio de smartphones de Sony do pasado 2011 está comezando a recibir xa Ice Cream Sandwich, concretamente a versión 4.0.4. Aínda que non hai data concreta de chegada a España, xa está liberada, polo que é cuestión de días (ou horas) que chegue de xeito automático.
Os terminais afectados por esta actualización son os que seguen:
- Xperia Arc
- Xperia Neo
- Xperia Mini
- Xperia Mini Pro
- Xperia Pro
- Xperia Active
- Sony Ericsson Live Walkman
Pode que a moitos lles sorprenda non atopar na lista ao Xperia Play. Desde Sony afirman que isto é debido á que as probas con ICS non amosan un rendemento acaído para o terminal-videoconsola, polo que prefiren manter unha versión anterior que funcione mellor.
Os primeiros en recibir a actualización serán os terminais libres. A continuación irá chegando aos das grandes operadoras que os comercializan.
Cando pós Xperia Neo ¿é o Xperia Neo V? :O Se o é, ¡menuda sorpresa!
Ola Roi,
non, é o Xperia Neo a secas, o Xperia Neo V xa ten o proceso activo de actualizacón desde desde hai algún tempo http://www.mallandonoandroid.com/2012/04/comeza-actualizacion-ice-cream-sandwich.html
Saúdos