Hoxe imos falarvos dunha desas aplicacións que cando nos falan delas dicimos… pero existe iso? Trátase de Pair, a aplicación de mensaxería para namorados.
Nada de Whatsapp, Messenger de Google+ ou aplicacións semellantes, Pair é totalmente diferente. Para comezar, en Pair simplemente teremos un contacto (fuckers ou xente con amantes, absterse), a nosa parella, coa que compartiremos un timeline no que podemos poñer o que nos apeteza: mensaxes de texto, fotografías, vídeos… e, claro está, todo iso de xeito totalmente gratuíto.
Por se esas funcionalidades vos parecen poucas, tamén permite debuxar, facer un “ping” ao estilo “estoume lembrando de ti” ou compartir a ubicación. Mais se cadra a característica que máis chama a atención é thumbkiss, que polo nome xa podedes imaxinar por onde van os tiros… basicamente, se pos un dedo na pantalla marca a túa unha pegada dixital que lle envía á túa parella. Cando esta poña o dedo por riba vibrarán ambos terminais. Cando menos curioso, non?
Por certo, se a vosa parella é de Apple tamén podedes disfrutar desta aplicación con ela, que hai versión para iOS
Nome da aplicación: Pair
Prezo: Gratuíta
Desenvolvedor: TenthBit Inc
Requisitos: Android 2.2 ou superior
Descarga: Play Store