A mala estratexia de Google: accesorios do Galaxy Nexus na Play Store “just in USA”

Hai uns meses Google puxo á venda na Play Store o seu terminal, o Galaxy Nexus. Repetía así a estratexia fallida de distribución do Nexus One, que durante moito tempo só foi posíbel mercar a través da web. Se o pensamos ben, combinando esta opción de mercalo en liña (e a unha tenda de confianza, como pode ser a propia Google) coa presenza en tendas físicas e distribución a través de operadores, a estratexia podería ser boa.
O malo é cando habilitas a compra só nun determinado país, como Estados Unidos, esquecéndose do resto de países… Desde Mallando no Android consideramos que esa é unha actitude totalmente errada de Google, pois cómpre lembrar que máis do 50% do parque móbil español é Android, polo que os usuarios deberan estar mellor considerados.
Pois ben, agora chegan os accesorios do Galaxy Nexus á Play Store. E que nos atopamos? Que unha vez máis só están dispoñíbeis nos Estados Unidos. É certo que se poden mercar a través doutras tendas en liña, pero non sería máis lóxico que a súa distribución oficial chegase a todos os países onde se comercializa o terminal?

Sobre o autor

Reply